AGADIC CGAI
Twitter    Facebook    Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Didáctica
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Préstamo DVD
Buscador
Aberto o prazo para participar en
Cinema en curso
Fotografía en curso
CinEd Curso
2017-2018
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Tlf.(34) 881 881 260
Fax.(34) 881 881 271
  cgai@xunta.es
  descargar pdf         info xeral    
  Ciclo   Adam Curtis: unha historia natural do poder   28 Febreiro - 27 Abril 2018
“Vivimos nun tempo estraño. Non deixan de acontecer eventos imprevisibles que sacoden a estabilidade do noso mundo: atentados suicidas, vagas de refuxiados, Donald Trump, Vladimir Putin, mesmo o Brexit. Mais os que están ao mando semellan incapaces de afrontalos e ninguén ten unha visión dun futuro diferente ou mellor. Esta película narra a historia de como chegamos a este lugar estraño”. Así comeza HyperNormalisation, un dos filmes máis influíntes dos últimos anos. O seu autor, o cineasta británico Adam Curtis, obstínase dende comezos da década de 1990 en mostrar o funcionamento do poder, a súa sinuosa arquitectura, as ideas que o conforman, os seus axentes e institucións e a súa inscrición na xeopolítica contemporánea e en nós mesmos. Con iso, non só construíu unha das obras fílmicas máis apaixonantes, lúcidas e reveladoras dos tempos recentes senón unha verdadeira historia natural do noso presente.
Este ciclo recolle por primeira vez a maior parte do seu traballo, composto de longametraxes, series e breves clips articulados a partir da remontaxe do inxente arquivo da BBC. As películas foron remasterizadas en novas versións preparadas especificamente para o ciclo. Adam Curtis argumenta con frecuencia que el é xornalista, nin cineasta nin artista, e que a súa obra consiste en elaborar un novo modelo analítico e crítico da información e da reportaxe mediante a procura, na montaxe discursiva e visual das imaxes, de narracións que expliquen as ideas que producen o noso tempo alporizado. Escavando no arquivo da BBC, canle para a que produce as súas películas, Curtis emprega o torrente inesgotable da imaxe contemporánea para escribir un relato que cartografa como certas nocións, historias e conexións, por improbables que parezan, nos determinan e nos gobernan na actualidade.
Adam Curtis sitúa entre os seus focos principais de interese o escrutinio dunha nova cultura narcisista do eu, a súa relación coa contracultura da década de 1960 e co nacemento da Internet e das redes tecnolóxicas, e a imposibilidade das elites políticas, fronte a un abstracto poder financeiro global, de dirixir o mundo dende a Guerra Fría. E, como relatos subxacentes, a crise da representación, o uso do desexo irracional de consumo das masas, as novas formas de control social, a arquitectura dunha nova orde mundial, os efectos da pospolítica coma goberno, e as consecuencias da chamada posverdade coma criterio de comunicación pública. Adam Curtis, coma o seu admirado John Dos Passos en literatura, articulou unha obra poliédrica cunha densidade inigualable de suxeitos, ideas e temas, o que marcou a transición do cine entendido coma ensaio ao cine concibido en tanto que novela do presente.
Chema González, comisario do ciclo Museo Reina Sofía
Xoves 22
19:00 (!)
Adam Curtis: unha historia natural do poder
Living in an Unreal World / Vivir nun mundo irreal+ HyperNormalisation / Hipernormalización
Adam Curtis, 2016
172'. HD. Subt. Castelán. Presentación e coloquio: Miguel-Anxo Murado (periodista). Cancélase a presenza de Adam Curtis e Chema González. Entrada de balde
Venres 23
18:00
Adam Curtis: unha historia natural do poder
Everything is Going According to a Plan / Todo marcha segundo o plan+ Dancing Remade / O baile refeito+ It Felt Like a Kiss / Sentino coma un bico
Adam Curtis, 2009-2013
68'. HD. Subt. Castelán
Mércores 28
18:00
Adam Curtis: unha historia natural do poder
The Century of the Self. (Episodios 1-2)
Adam Curtis, 2002
120'. HD. Subt. Castelán
20:30
Adam Curtis: unha historia natural do poder
The Century of the Self. (Episodios 3-4)
Adam Curtis, 2002
120'. HD. Subt. Castelán
Venres 13
19:00 (!)
Adam Curtis: unha historia natural do poder
The Power of Nightmares (Episodios 1-3)
Adam Curtis, 2004
180'. HD. Subt. Castelán
Venres 27
18:00
Adam Curtis: unha historia natural do poder
The Way of All Flesh / O camiño de toda a carne
Adam Curtis, 1997
52'. HD. Subt. Castelán
Ciclos en curso
Off Galicia
Fóra de serie
CGAI Júnior
Pensando en cine/ Pensando en Galicia
Adam Curtis: unha historia natural do poder
Centenario Bergman
Calendario
<<Abril 2018>>
L M X J V S D
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Seleccionar data
Data de inicio:
Data de fin: