AGADIC CGAI
Twitter    Facebook    Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Didáctica
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Préstamo DVD
Buscador
Fotografa
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Corua
Galicia - Espaa
Teléfonos
Tlf.(34) 881 881 260
Fax.(34) 881 881 271
  cgai@xunta.es
  descargar pdf         info xeral    
  Ciclo   Play-Doc: Dominic Gagnon   23 Febreiro - 07 Abril 2017
En colaboracin con Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui.
Dominic Gagnon: un cineasta que innova e incomoda
Por Fanie Pelletier para Play-Doc

Esta retrospectiva dedcase ao traballo innovador e perturbador dun cineasta inconformista: Dominic Gagnon. O seu cinema, a medio camio entre o documental e o found footage experimental, obtn os seus recursos de Internet, en concreto das plataformas de libre difusin. Outros, est interesado nun novo fenmeno: os vdeos realizados por afeccionados na era da tecnoloxa. Estes vdeos, dalgn xeito, as actuais pelculas caseiras, son clips que poden atoparse por todas partes na web YouTube: unha persoa grava o seu da a da, dirxese cmara e partilla as sas percepcins do mundo coa comunidade virtual da Rede. Gagnon aprpiase en primeiro lugar deste material filmogrfico e organzao para, con posterioridade, crear un documental nico. Sen necesidade dun proceso de rodaxe, o seu traballo basase en centos de horas de visionado, un impresionante arquivo en varios discos duros, cribar de forma detida os vdeos escolleitos e ordenar estes discursos fragmentados para crear un todo significativo. A travs da sntese destas mltiples percepcins nicas do mundo, as sas pelculas son un retrato documental da sociedade occidental 2.0. Estes vdeos, a primeira vista triviais, mundanos e sen valor na xungla da Internet, transfrmanse nun material cinematogrfico indito e revelan rastros subestimados, anda que de gran valor na sociedade actual. Gagnon experimenta por vez primeira con este enfoque na pelcula RIP in Pieces America (2009), onde presenta unha montaxe de vdeos de internautas afeccionados estadounidenses de todas as idades. Soa, pechada na sa casa, cada persoa grvase cunha cmara de baixa calidade (unha webcam na maiora dos casos) e dirxese ao mundo. Estes fragmentos de Estados Unidos en anacos mstrannos cidadns survivalistas e paranoicos que teen en comn unha gran soidade, unha desilusin poltica e a desconfianza no goberno. Se RIP in Pieces America (2009) se compn principalmente de vdeos de homes, Pieces and Love All to Hell (2011) mstranos o punto de vista das mulleres estadounidenses, e Big Kiss Goodnight (2012) limtase a un nico personaxe pintoresco baixo o pseudnimo Joe Talk. Gagnon realiza unha cuarta pelcula de found footage titulada Hoax_canular (2014) na mesma lia que os seus tres traballos anteriores, desta vez con adolescentes e a fin do mundo como tema. De todos estes fragmentos montados polo cineasta, xorde un perturbador retrato duns Estados Unidos que abrolla das profundidades: unha sociedade atomizada que necesita subir ao escenario e realizar un espectculo para poder berrar a sa existencia. Gagnon est aqu para revelar ao mundo unha cara enturbada e oculta da realidade. Non trata tanto de dicir, como de mostrar algo que escapa percepcin inmediata desta subcultura. A diferenza de moitos cineastas de found footage, que propoen unha mirada ao pasado, Gagnon cntrase no presente e no futuro e ofrece o visionado dos vdeos extrados da Internet como futuros vestixios da sociedade 2.0, dalgunha maneira, a sociedade do espectculo definitiva. O cineasta ponnos un n na gorxa con estes vdeos de pobre calidade esttica, obrganos a mirar, a escoitar a persoas que falan igual ao resto e a facernos preguntas. As sas pelculas son inquietantes, sempre ao lmite do soportable, mais, con todo, imbennos dunha forza sen igual. Coa sa ltima pelcula, Of the North (2016), Gagnon aborda un tema que desafa todas as nocins do cinema documental e do cinema etnogrfico: sen cmara e de forma remota, retrata os vdeos de afeccionados do rtico, nomeadamente das comunidades indxenas. Esta versin 2.0 de Nanook of the North de Flaherty, na que Nanook xa non aparece, xerou unha gran controversia no Quebec, que lle outorga, malia os detractores, un lugar na historia do cinema. Gagnon un dos primeiros en percibir o valor antropolxico desta reserva de vdeos de afeccionados e en concibir Internet como un novo espazo da vida popular para explorarmos. A travs do seu computador a sa cmara agora pode mergullarse no corazn deste novo espazo alternativo onde as persoas marxinadas atopan refuxio: al onde a vida rica e paradoxal, dixo. Nun desexo de facer pelculas en liberdade e doutro, Gagnon ve unha forma nova e pouco convencional, das mis actuais, de observar a vida, de documentala e de cuestionala con economa de medios e intermediarios. O uso de Internet como material e como suxeito pon o foco neste desafo cada volta mis necesario: reinventar e adaptar a prctica documental s novas realidades sociais e tecnolxicas. Ao tratar de facer pelculas sobre as persoas que se gravan, Gagnon introduce un novo cinema que busca a liberdade e o afastamento dos documentais tradicionais do noso tempo. As sas pelculas poen de relevo a convulsin social e tecnolxica que se est producindo, que non diferente que xurdiu no cine directo a finais dos anos 50. O alcance completo do seu traballo anda non se coece, mais a controversia e a censura que o rodea indcenos a pensar que podera constitur unha expresin vangardista dunha importante mudanza de paradigma no modo de abordar a prctica documental. por iso mesmo que a sa obra merece unha maior exposicin que nunca.
Martes 28
20:30
Play-Doc: Dominic Gagnon
Hoax_Canular
Dominic Gagnon, 2013
91'. DCP. Subt. Casteln
Xoves 30
18:00
Play-Doc: Dominic Gagnon
Rip in pieces America; Pieces and love all to hell
Dominic Gagnon, 2009-2011
122'. DCP. Subt. Casteln
Venres 31
18:00
Play-Doc: Dominic Gagnon
Big kiss, good night
Dominic Gagnon, 2012
62'. DCP. Subt. Casteln
Venres 07
18:00
Play-Doc: Dominic Gagnon
Of the North
Dominic Gagnon, 2015
74'. DCP. Subt. Casteln
Ciclos en curso
Off Galicia
Novos cinemas
William A. Wellman
Calendario
<<Abril 2017>>
L M X J V S D
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Seleccionar data
Data de inicio:
Data de fin: