CGAI
Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Empresas e Recursos
Patrimonio Audiovisual
Visionado de Películas
Préstamo VHS / DVD
Axudas e Lexislación
Buscador
Nova publicación:
Signal Fires. El cine de Jem Cohen / The cinema of Jem Cohen
Máis información.
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Fax.(34) 881 881 271
  info@cgai.org
  descargar pdf         info xeral    
  Ciclo   CGAI Júnior. A Filmoteca para os máis novos   01 Xaneiro - 31 Maio 2009
Iniciativa de periodicidade mensual dirixida aos máis novos, que contempla a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema. Desde os meses de xaneiro a maio ofrécense títulos variados que percorren diferentes etapas, autores, estilos e xéneros da historia do cine permitíndolles aos máis pequenos asomarse a un universo novo cheo de experiencias enriquecedoras.
A sesión deste mes, o clásico El mago de Oz (1939) de Victor Fleming, recoméndase para nenos a partir de 8 anos, aos que se lles entregará unha ficha didáctica. Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto. A entrada é gratuíta.
“Nun mundo protagonizado polas imaxes, coas súas representacións e metáforas tan influentes nos nosos hábitos, é necesario un programa de educación á imaxe. A xente nova ten unha relación con universos de ficción variados e á carta (videoxogos, Playstation e un sen fin doutros sucedáneos…), así como con masivas doses de programas televisivos, sen por iso posuír as claves que lles permitan ler e/ou interpretar as mensaxes transmitidas por medio destas imaxes. A través desta programación mensual intentaremos ofrecer títulos variados que acheguen os rapaces a universos novos e enriquecedores, recorrendo a distintas áreas da historia do cine, procurar un abano suficientemente amplo como para estimular unha continuación máis didáctica no ámbito familiar. O descubrimento do cine en todos os seus compoñentes: curtas e longametraxes, filmes contemporáneos, cine mudo, cine de animación, documental, ficción. A través de películas divertidas, serias ou emocionantes os rapaces descobren os momentos fortes da nosa historia, inícianse na lectura das imaxes, viaxan por outros horizontes, divírtense… E aman o cine!”
Sábado 09
18.00 h.
CGAI Júnior. A Filmoteca para os máis novos
EL MAGO DE OZ
Victor Fleming, 1939.
102´. Versión castelá. Entrada gratuíta.
Ciclos en curso
Calendario
<<Agosto 2010>>
L M X J V S D
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Seleccionar data
Data de inicio:
Data de fin: