CGAI
Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Empresas e Recursos
Patrimonio Audiovisual
Visionado de Películas
Préstamo VHS / DVD
Axudas e Lexislación
Buscador
Nova publicación:
Signal Fires. El cine de Jem Cohen / The cinema of Jem Cohen
Máis información.
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Fax.(34) 881 881 271
  info@cgai.org
  descargar pdf         info xeral    
  Ciclo   Cartoon Manía   01 - 30 Xuño 2006
Os irmáns Max e Dave Fleischer foron, a finais dos anos vinte e durante toda a década dos trinta, os principais competidores de Walt e Roy Disney. En primeiro lugar, veremos “Tramp, tramp, tramp the boys are marching” (1926), temperá mostra experimental de cine de animación con son sincronizado, estreada dous anos antes do moitas veces referido como primeiro cartoon sonoro “Steamboat Willie” (1928), de Disney, grazas á asociación entre Max Fleischer e o enxeñeiro Lee de Forest. É mester salientar que os Fleischer chegan ao cine de animación debido ao interese de Max na mecánica e na técnica. Entre os inventos máis destacados de Max Fleischer figuran o rotoscopio (máquina que permite trazar sobre o papel os movementos fotograma a fotograma de seres vivos, co que se acadan debuxos impresionantemente realistas), o rotógrafo (que proporcionou, a principio dos anos vinte, máis flexibilidade aos animadores á hora de combinar imaxe real con animación) e o proceso multiplano Turntable 3D (custosísimo recurso, empregado en contadísimos cartoons dos anos trinta, que permite a obtención de imaxes con sensación de profundidade mediante a mestura dos cels –follas de acetato transparente nas que se debuxan os personaxes-, con maquetas). Rodado con esta sorprendente técnica tridimensional, o programa inclúe “Little Dutch Mill” (1934), “Time for love” (1935), “Musical memories” (1935, considerado como un dos cartoons máis bonitos da historia), “Betty Boop and the little King” (1936) e a produción especial “Popeye the sailor meets Ali Baba´s forty thieves”(1937), segundo de tres cartoons especiais protagonizados por Popeye cunha metraxe de máis do dobre do habitual da época para unha curta que se chegaron a publicitar nas carteleiras dos cines a igualdade de tamaño que o título da longametraxe á que precedían. Outra curiosidade histórica é que este programa inclúe a primeira aparición cinematográfica do mítico mariñeiro, con “Popeye the sailor” (1933). A selección complétase co racista “Out of the inkwell” (1938), un dos últimos desta serie iniciada en 1921, e con dous aclamados cartoons surrealistas, “Bimbo´s Initiation” (1931) e “Snow White” (1933), considerados como dous dos dez cartoons máis importantes da historia do cine e favorito, o último deles, de Salvador Dalí. O programa finaliza con “Volcano” (1942), da mítica serie Superman, cada un de cuxos cartoons tiña o asombroso presuposto de cen mil dólares da época. Antes de perder o control do seu estudo, en 1942, os irmáns Fleischer chegaron a rodar dúas longametraxes de animación: “Gulliver´s Travels” (1939) e “Mr Bug Goes to town” (1941). En moi poucos anos, os únicos animadores que conseguiran facer algo de sombra a Walt Disney foron esquecidos tanto polo público como pola industria, excepto polo propio Disney, quen, a principios dos anos cincuenta, empregou ao fillo do seu outrora rival Max, Richard Fleischer, para que dirixise a inesquecible “20.000 leguas de viaje submarino”. Texto: Ignacio Benedeti.
Sábado 24
18.00 h.
Cartoon Manía
Max e Dave Fleischer (I)
100’ aprox. Distintas versións.
Ciclos en curso
Calendario
<<Setembro 2010>>
L M X J V S D
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
Seleccionar data
Data de inicio:
Data de fin: