CGAI
Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Empresas e Recursos
Patrimonio Audiovisual
Visionado de Películas
Préstamo VHS / DVD
Axudas e Lexislación
Buscador
Nova publicación:
Signal Fires. El cine de Jem Cohen / The cinema of Jem Cohen
Máis información.
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Fax.(34) 881 881 271
  info@cgai.org
  descargar pdf         info xeral    
  Ciclo   Joaquín Jordá (e II)   01 - 30 Xuño 2006
En colaboración con MACBA, Donostia Kultura, Arteleku e IVAC-La Filmoteca. “Os últimos documentais de Joaquín Jordá convertéronse en referentes dun público que non se comprace coas calidades estritamente cinematográficas. Desde 1979, ano en que realizou Numax presenta, as películas de Jordá aparecen vinculadas a debates máis amplos. Numax presenta (1980) testemuñou o peche dunha fábrica barcelonesa xusto no momento no que os políticos españois firmaban o Pacto da Moncloa. Despois El encargo del cazador (1990) reunía as voces daquela xeración que protagonizara a transición democrática española. Monos como Becky (1999) cuestionou os límites da psiquiatría. E máis tarde De niños (2003) trenza a rexeneración urbana do Raval barcelonés cun caso de pederastia. Por último, Veinte años no es nada (2004) reúne os protagonistas de Numax presenta para comprobar que foi dos desexos expresados vinte e cinco anos antes. As historias de vida que cada un deles contan compoñen un friso atípico da nosa historia recente. Así é como o cine de Jordá se asociou coa urxencia por abordar problemáticas de actualidade que a miúdo tamén reciben unha intensa atención mediática. No seu caso a película é un elo máis na cadea da opinión pública, un instrumento para entrar en debate. A súa participación na Escola de Barcelona, momento no que produce Dante no es únicamente severo (1967), a súa posterior etapa de militancia ortodoxa ao servizo do PCI (Partido Comunista Italiano) e o período que se abre tras o seu regreso a España en 1973, para retomar a práctica do cine que abandonara momentaneamente, ofrecen tres contextos radicalmente distintos, e á vez, tres modelos de produción moi diferenciados na súa carreira persoal. Aínda que non deberiamos esquecer que o perfil de Jordá vai máis alá da realización de películas. Tamén é guionista, tradutor e profesor. De aí que Jordá se convertera nun referente para novos realizadores que atopan nel unha forma de facer cine á marxe de modelos de produción dominantes. A azarosa traxectoria de Jordá amosa que o seu cine é o reflexo de modelos de produción dispares e ás veces antitéticos. Na súa filmografía atoparemos documentais, ficcións e películas militantes, así como formatos distintos e presupostos desiguais. Non obstante, isto é o que lle confire un acabado realista que non recorre a ningún tipo de naturalismo para confeccionar as súas obras. Ao contrario, o seu cine sostense sobre a capacidade de reflectir e dar cabida ás condicións humanas e materiais coas que traballa. Poderíase definir a Jordá como un intelectual que fixo do cine un espazo común no que, por dicilo dalgunha maneira, o momento do cinefórum está integrado na película. Cada unha das súas producións xerou tamén públicos específicos atraídos pola promesa de participar nun debate. Tal como suxeriu algunha vez, a el só lle interesa producir a situación. “Eu me preocupo máis pola mise en place da escena e do plano, que non por como o captará a cámara. Organizo a situación e despois retírome. Podería ir tomar un café e regresar cando todo está feito.” Isto é o que poderiamos cualificar, sen ningún xénero de dúbidas, un “cine de situación”. Carles Guerra Agradecementos: Joaquín Jordá, Carles Guerra, Filmoteca de Catalunya, Notro Films, Filmax, Els Quatre Gats, Massa d´Or Produccions.
Xoves 01
20.30 h.
Joaquín Jordá (e II)
VEINTE AÑOS NO ES NADA
Joaquín Jordá, 2004
117´.
Mércores 07
20.30 h.
Joaquín Jordá (e II)
EL ENCARGO DEL CAZADOR
Joaquín Jordá, 1990
100´.
Mércores 14
20.30 h.
Joaquín Jordá (e II)
UN CUERPO EN EL BOSQUE
Joaquín Jordá, 1996
90’.
Mércores 21
20.30 h.
Joaquín Jordá (e II)
MONOS COMO BECKY
Joaquín Jordá, 1999
96´.
Mércores 28
20.30 h.
Joaquín Jordá (e II)
DE NIÑOS
Joaquín Jordá, 2003
188’.
Ciclos en curso
Calendario
<<Agosto 2010>>
L M X J V S D
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Seleccionar data
Data de inicio:
Data de fin: