CGAI
Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Empresas e Recursos
Patrimonio Audiovisual
Visionado de Películas
Préstamo VHS / DVD
Longametraxe - Telefilme
Curtametraxe - Videocreación
Documental
Cine recuperado
Axudas e Lexislación
Buscador
PROGRAMACIÓN
Nova publicación:
Signal Fires. El cine de Jem Cohen / The cinema of Jem Cohen
Máis información.
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Fax.(34) 881 881 271
  info@cgai.org
 Información sobre Préstamo
Condicións de préstamo

O CGAI conta cun servizo de préstamo gratuíto dotado dun fondo de títulos en formato VHS / DVD de todas aquelas producións audiovisuais das que a Xunta de Galicia ten dereitos de difusión cultural ou daquelas películas recuperadas e restauradas polo propio CGAI.

Este servizo está dirixido a institucións e asociacións para actividades sen ánimo de lucro e co obxectivo de difundir a produción audiovisual galega.

A solicitude de préstamo formalízase a través do impreso electrónico que figura nesta sección.

Número máximo de títulos por solicitude: dez.

Período máximo de préstamo: 30 días.

Recibida a solicitude, o CGAI confirmará a dispoñibilidade dos títulos e as datas de envío e devolución. Existe a posibilidade de recollelos e devolvelos nas oficinas do centro en horario de 8.00 a 15.00.

O solicitante xestionará e asumirá os gastos do transporte do préstamo, que en ningún caso se fará mediante correo ordinario.

O solicitante devolverá os vídeos no estado orixinal e na data máxima sinalada.

O solicitante fará constar a colaboración do CGAI no material informativo e publicitario da dita actividade.

O incumprimento destas condicións poderá dar lugar á suspensión da colaboración do CGAI en posteriores ocasións.
     





  prestamo@cgai.org