
| |
| |
| Exposicións |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
 |
|
|
|
|
|
 |
|
|
 |
| Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Tlf.(34) 881 881 260
Fax.(34) 881 881 271 |
|
|
|
|
|
 |
|
 |
|
|
|
|
|
 |
|
| Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí |
| Vigo |
| 08 Abril - 26 Xuño |
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Entre o 3 de agosto e o 7 de agosto do 2012 no Cine Club Carballiño
Entre o 11 de xullo e o 23 de xullo de 2012 no Departamento de Cultura do Concello das Pontes
Entre o 7 de maio e o 30 de maio de 2012 na Casa da Cultura do Concello de Fene
Entre o 26 de marzo e o 19 de abril do 2012 no IES de Curtis
Entre o 23 de febreiro e o 23 de marzo de 2012 Patronato da Cultura Galega de Montevideo (Uruguay).
Entre o 10 de novembro e o 11 de decembro de 2011 no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Entre o 11 de outobro e o 5 de novembro de 2011 na Sala de exposicións do Porto de Ferrol.
Entre o 2 de setembro e o 20 de setembro de 2011 na Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Entre o 26 de maio e o 26 de xuño de 2011 no Museo do Pobo Galego de Santiago.
Entre o 8 de abril e o 22 de maio de 2011 na Fundación Barrié de Vigo.
Entre o 29 de xullo e o 5 de setembro de 2010 na Fundación Barrié da Coruña.
Esta mostra recrea en imaxes un feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. As fotografías están distribuídas en tres áreas: A ida, A volta e O buque Santa María. A última é unha reportaxe de Alberto Martí sobre o secuestro do buque portugués Santa María que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL).
A exposición consta de 73 fotografías de tamaño 40x40 cm montadas en marcos de madeira natural en 60x70 cm. Todas elas están positivadas en papel baritado de xelatino-bromuro de prata da marca Ildord e viradas ao selenio para a súa conservación. A maioría das fotos nunca se revelaran.
Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) leva máis de 70 anos dedicado á fotografía, e traballou durante 50 anos como reporteiro de La Voz de Galicia. Recibiu grande cantidade de premios nacionais e internacionais, en cidades como Madrid, Barcelona e Bos Aires, e parte da súa obra está publicada nun libro monográfico editado polo Concello da Coruña.
|
|
|
|
|