CGAI
Facebook    Buscar    Portada    Contacta castellano
english

Presentación
Programación
Exposicións
Blog de notas
Didáctica
Cursos e Seminarios
Publicacións
Biblioteca
Empresas e Recursos
Visionado de Películas
Préstamo VHS / DVD
Axudas e Lexislación
Buscador
PROGRAMACIÓN
FÓRA DE SERIE
NICOLÁS GUILLÉN LANDRIÁN
OFF GALICIA
CGAI JÚNIOR
GIRLS ON FIRE
PREMIOS MESTRE MATEO / PREMIS GAUDÍ
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Fotografía en Curso
Máis información
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Tlf.(34) 881 881 260
Fax.(34) 881 881 271
  info@cgai.org
 
Información xeral Galería  
No contexto social actual as imaxes prodúcense e recibense sobre todo como produtos de consumo. Por iso é necesario e urxente que os mozos teñan acceso ao cine como arte.

O CGAI desenvolve para os máis novos unha dobre programación ao longo do curso escolar: CGAI Júnior e Novas Miradas.


CGAI JÚNIOR. Infantil e primaria: 3-12 anos

Na sección CGAI Júnior agrúpase a programación para nenos de entre 3 e 12 anos ademais de todas as actividades que se xeran en torno a esta franxa de idade: talleres, programación para centros educativos da cidade e cadernos pedagóxicos das películas.

A través dunha gran variedade de títulos, éxitos comerciais, clásicos do cine, cinematografías doutros países, propóñense títulos que pola súa singularidade cinematográfica poidan chegar a xerar "novas miradas" ou "novas sensibilidades" nos nenos.

A través de CGAI Júnior realizamos:

Programación mensual para familias. Un sábado ao mes, proxectamos un título aberto ao público en xeral.

Programación para centros educativos. Elabórase, para cada película, un caderno que se entrega ao profesor con recursos didácticos específicos, e un documento xenérico que recolle o punto de vista dende o que abordar as películas de todo o ciclo.

Cursos e talleres.

Formación para profesores de infantil e primaria. (En colaboración con A Bao a Qu) Nas sesións de formación con profesores introdúcense posibles prácticas para realizar na aula, prácticas sinxelas que amplíen horizontes e sirvan para afondar en todas as posibilidades que ofrece o cine e a fotografía no noso día a día.


Novas Miradas. Secundaria: 12-18 anos

Cada ano, para alumnos de centros de ensino de secundaría, o CGAI programa un ciclo de películas que se proxectan no seu formato (en celuloide) e versión orixinal subtitulada. Todo o traballo que se realiza en torno a este ciclo se desenvolve en colaboración coa asociación A Bao a Qu. Unha programación que pretende achegar aos mozos de 12 a 18 anos o cine como creación artística, as miradas dos cineastas sobre o mundo e o seu modo de traballo. Trátase de que os alumnos aprendan a ser espectadores capaces de analizar os procesos creativos e expresivos da arte cinematográfica e, sobre todo, de que aprendan a gozar dunha aproximación sensible ao cine, as súas materias, súas formas e súas emocións.

Con esta intención, a programación estrutúrase a partir de varios aspectos fundamentais.

A elección das películas. O conxunto das películas que configuran a programación ofrece a posibilidade de ver un tipo de cine habitualmente marxinado polas pantallas comerciais, e ao mesmo tempo, descubrir a amplitude e a riqueza do patrimonio cinematográfico.

Os cadernos pedagóxicos. O profesorado dispón dun caderno con recursos didácticos sobre cada unha das películas, con especial atención á cuestión da creación cinematográfica, á proposta de exercicios prácticos e á reflexión a partir das cuestións emocionais, éticas e filosóficas que se formulan nos filmes.

As sesións formativas para o profesorado. Antes de comezar a programación lévase a cabo unha sesión de formación para o profesorado. Ofrécense pautas de traballo e metodoloxías de análise.

A práctica cinematográfica en institutos. Como complemento o ciclo dáselle a posibilidade a un dos institutos participantes de realizar unha práctica cinematográfica. Esta fase do ciclo vincúlase a "Facendo cine" un proxecto integral de talleres de cine en escolas e institutos.

Creación dun blog. No que os centros participantes poden colgar traballos que fixeron cos alumnos en clase ou reflexionar sobre diferentes aspectos do ciclo.

Ligazóns de interese

   
Novas Miradas. Novos Espectadores

   
cinema en curs

   
a baoa qu

   
Facendo Cine. Instituto Fernando Wirtz Suárez

   
Haciendo Cine